ERASMUS POLONIA 2021 2019-1-ES01-KA101-061943 "Improving our International Approach towards Multicultural Education“ IES ÁLVARO CUNQUEIRO ( VIGO)
POLONIA: UN MUNDO POR DESCUBRIR
O pasado mes de Setembro tres profesores do IES
Álvaro Cunqueiro viaxamos a Polonia para preparar un intercambio de alumnado
entre un centro educativo de Byalistok e o noso instituto. Ningún dos tres
estivéramos antes alí e fomos comprobando que este país e a súa cultura poden
ser fascinantes para nós por diversas razóns.
Descoñecíamos , por exemplo, que os polacos teñen
unha predisposición inmellorable cara a España- o idioma español é o máis
estudiado alí despois do inglés-. O trato e o acollemento que recibimos foi
óptimo.
Comprobamos que para nós non resulta cara a vida
alí, similar ao que nos pasa con Portugal.
Constatamos que as pegadas da historia eran moi
fortes para eles, Varsovia é unha cidade totalmente reconstruída trala segunda
guerra mundial e fomos quen de visitar pobos nos que exterminaran a barrios
enteiros de poboación xudía.
Tamén desfrutamos da paisaxe tan diferente e
contrastante coa nosa con paraxes naturais distintos, lagoas inmensas
navegables e zonas verdes, parques de ocio, ríos, bosques,...
A cultura do catolicismo está moi arraigada alí
sendo para eles unha sinal de identidade moi forte. Aínda que na actualidade en
España non podemos dicir o mesmo as raíces do catolicismo no noso país tamén
son evidentes o que sen dúbida axuda a que comprendamos mellor as súas costumes.
A cidade de Byalistok, berce do esperanto, a dúas
horas de Varsovia e preto da fronteira
con Bielorrusia e Lituania, ten o encanto desas cidades centroeuropeas
tranquilas, agradables, acolledoras e humanizadas, ademais neste caso sendo
unha cidade universitaria-a facultade de medicina é das máis cotizadas do
país-a vida que ten e moi dinámica e atractiva.
Na actualidade hai autopistas modernas que
comunican as distintas cidades e que fan as viaxes máis rápidas e cómodas.
España e Polonia están o suficientemente lonxe
para atraerse mutuamente e levarse moi ben polo que as viaxes programadas do
alumnado para o vindeiro curso poden ser todo un éxito que se manteña no tempo
e deixe pegadas inesquecibles para o futuro nas novas xeracións.
Comentarios
Publicar un comentario